A CAMPAÑA QUINCENAS FANTÁSTICAS XA TEN OS PRIMEIROS GAÑADORES
- Na primeira quincena rexistráronse 1699 compras.
- Sorteáronse 500 € en vales de compra
- As persoas gañadoras realizaron as súas compras en A Panoleta, Panadería La Espiga e Café Bar La Atlántica.
Boiro 1 de agosto de 2024
Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar o sorteo dos premios da primeira das quincenas da campaña de verán da ABE entre os 1699 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 15 e o 31 de xullo.
Os 1.699 rexistros supoñen un novo récord da campaña respecto do mesmo período do ano pasado superando os 670 da edición de 2021, os 1.015 da edición de 2022 e os 1.581 da de 2023 que ata hoxe tiña o récord do período.
Estes datos respaldan, unha vez mais, a aposta feita pola ABE na dixitalización en materia de promoción comercial e consolidan unha tendencia á alza na participación dos seus clientes nos sorteos que organiza.
Premios e premiados
|
PREMIO
|
PREMIADO
|
NEGOCIO ONDE MERCOU
|
|
250 €
|
ZULEIKA PARADA
|
A PANOLETA
|
|
150 €
|
MARIBEL
|
PANADERÍA LA ESPIGA
|
|
100 €
|
CARMEN GÓMEZ
|
CAFÉ BAR LA ATLÁNTICA
|
A ABE contactará cas persoas premiadas e realizará a entrega dos premios despois do segundo sorteo xuntando aos premiados e ambas quincenas.
Próximos sorteos
A campaña Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 19 de agosto e aínda se van sortear 500 € (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)
Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal
A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia
Sorteos cada quincena
Tíckets rexistrados do 15 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto
Tíckets rexistrados do 1 ao 18 de agosto >> sorteo o 19 de agosto